Visita ao río Miñor-Equipo Trueno

DESCRICIÓN DO RÍO MIÑOR
O Río Miñor é un río pequeno, pero moi bonito.
Leva pouca auga pero cando chove inunda todo o que está a o seu paso.
A auga vai rápida e facendo curvas.
Hai moita vexetación.
Algúns dicían que había peixes pero eu non vin ningún.
A auga estaba moi limpa e transparente. No fondo do río podíase ver plantas e pedras. Pola beira do río hai un camiño moi estreito. Como había arbores dos dous lados e non o deixaban iluminalo coa luz do Sol, entón o río estaba a sombra pero aínda así quedaba moi bonito.