A EXCURSIÓN Á CORUÑA

Cando me levantei, o primeiro que pensei foi o que ía facer durante toda a viaxe en autobús. Menos mal que fomos vendo unha película, e a viaxe fíxoseme máis curta do que pensaba.
            
O primeiro museo  que fomos foi "A Casa das Ciencias. Alí vimos moitas cousas interesantes.
Logo fomos a comer ao Domus. Ao terminar de comer vimos todo o que estaba en exposición.Había un campo de fútbol para calcular a forza e moitas cousas máis.
A continuación,  marchamos ao "Acuario". No acuario vimos moitísimos tipos de peixes. E tamén vimos unha quenlla, focas e polbos.
Ao final marchamos. Eu cara a miña casa, a contarlle todo aos meus pais e a miña irmá.