Causa -consecuencia

                              A poboación europea diminúe
A poboación europea pódese dicir que está diminuíndo, pola baixa natalidade.
 En Europa de cada 1000 habitantes nacen 10, e é pouco. Tendo en conta que en África, nacen 40 de cada mil.
Por iso dise que a natalidade de Europa é baixa. Tamén é unha causa o aumento da idade que pode vivir unha persoa, en Europa, cando nace un neno ten a posibilidade de vivir 74 anos, entón  Europa ten moitos habitantes anciáns, comparando con África, un neno africano ten a posibilidade de vivir tan só 54 anos.
A inmigración axuda, porque os inmigrantes que veñen a Europa adoitan ser novos, e acostuman ter fillos. Tamén axudan a que creza a poboación activa, porque como adoitan ser novos, están en condicións de traballar.
A pesar de que a inmigración está axudando a que a poboación europea aumente, non da moito efecto, porque segue habendo moitos anciáns e polo tanto, máis defuncións. Claudio

No hay comentarios:

Publicar un comentario